En Portugal os pisos turísticos pagarán un imposto extraordinario e desaparecerán os "visados de ouro" por realizar investimentos inmobiliarios | Observatorio de Vivenda

En Portugal os pisos turísticos pagarán un imposto extraordinario e desaparecerán os "visados de ouro" por realizar investimentos inmobiliarios

En Portugal os pisos turísticos pagarán un imposto extraordinario e desaparecerán os "visados de ouro" por realizar investimentos inmobiliarios

O crecemento constante dos pisos turísticos en Portugal ten os días contados. A finais de 2022 había 108.523 vivendas turísticas, que representaban o 1,8% dos aloxamentos do país. É unha cociente superior á española, onde os apartamentos turísticos son o 1,2% do total. En canto o Diario da Republica publique a lei con medidas sobre vivenda aprobada a semana pasada na Asemblea, entrará en vigor a prohibición de abrir novos apartamentos turísticos en Lisboa, O Porto e boa parte do litoral do país. O veto só exclúe as zonas de interior onde existe un forte despoboamento. En calquera caso, para abrir un piso turístico nestas localidades será necesario contar co visto e prace da comunidade de propietarios do edificio.

Cambia tamén a súa fiscalidade. Os donos de vivendas turísticas terán que pagar unha “contribución extraordinaria” do 15%, e súmanse así a outros sectores que xa realizan achegas tributarias especiais como o enerxético ou o da gran distribución alimentaria.

A lei tamén enterra a concesión de visados de ouro aos estranxeiros por realizar investimentos inmobiliarios en Portugal. Entre outubro de 2012 e febreiro de 2023 concedéronse 11.758 vistos gold. O 89% entregáronse pola compra de casas, o que fixo que se apunte cara a eles como un dos factores que inflúen na subida de prezos.

Fonte.- Informe España