Entre o 25 e o 40 % das familias en alugueiro en Reino Unido temen non poder facer frente á renta  | Observatorio de Vivenda

Entre o 25 e o 40 % das familias en alugueiro en Reino Unido temen non poder facer frente á renta 

Entre o 25 e o 40 % das familias en alugueiro en Reino Unido temen non poder facer frente á renta 

Debido as medidas impostas polo Goberno do Reino Unido para frear a propagación da COVID-19, moitos inquilinos sufriron unha baixada nos seus ingresos ou despidos. As autoridades e organizacións de consumidores estiman que no país hai 4,5 millóns de familias alugadas o que supón un 20 % do total. 

Unha enquisa elaborada pola empresa Yougov, revela que o 26 % das familias en réxime de alugueiro teme non poder facer frente aos pagos de alugueiro nos próximos tres meses. A cifra elévase ata o 35 % en aqueles fogares con familias que teñen fillos. 

Por outra parte, un sondeo da empresa Opinium revela que o 43 % dos arrendatarios, cuxo traballo viuse afectado polo confinamento, admite ter problemas para pagar o aluguer, a comida ou as facturas. A cuarta parte dos consultados neste sondeo revela que abandonou voluntariamente a vivenda que ocupaba e mudouse con familiares ou amigos para evitar os pagos. 

O Goberno británico aprobou un paquete de axudas económicas pero as organizacións de consumidores e inquilinos consideran que é insuficiente. 

 

Fonte | La Voz de Galicia