A evolución do mercado da vivenda en China ante a crise do coronavirus | Observatorio de Vivenda

A evolución do mercado da vivenda en China ante a crise do coronavirus

A evolución do mercado da vivenda en China ante a crise do coronavirus

O portal web idealista entrevistou ao propietario da axencia inmobiliaria Bafre en España e de dúas axencias de inversión en China, para analizar a actualidade do mercado inmobiliario chino trala crise do coronavirus. 

Así, o propietario explica que o mercado inmobiliario estivo prácticamente paralizado nos meses de xaneiro e febreiro nos que non se produciron apenas transaccións no mercado de segunda man ou de obra nova. No mes de marzo produciuse un lixeiro repunte nas vendas, aínda que as cifras descenderon un 30 % con respecto a anos anteriores nos mesmos períodos. Tamén houbo unha caída nos prezos das vivendas de segunda man de entre un 10 e un 30 % dependendo da zona ou cidade. 

A situación no mercado de alugueiro foi similar a de compravenda nos meses de xaneiro e febreiro, debido as medidas estrictas de confinamento. Cando se levantou o confinamente o mercado de alugueiro estabilizouse, xa que a necesidade habitacional segue existindo. 

O Estado prevé que a situación vaise normalizar a medio plazo a medida que o mercado vaia recuperando a confianza. 

 

Fonte | idealista