Exemplos regulamentarios da oferta de vivendas turísticas nas principais cidades da Unión Europea | Observatorio de Vivenda

Exemplos regulamentarios da oferta de vivendas turísticas nas principais cidades da Unión Europea

Exemplos regulamentarios da oferta de vivendas turísticas nas principais cidades da Unión Europea

Co nacemento da plataforma AirBnb fai máis de 10 anos atrás xurdiron novos retos políticos para os que de momento non existe unha solución concreta. Varias cidades reclamas a Unión Europea unha regulación conxunta, pero ata agora non existe confirmación. A continuación comentaremos as distintas políticas desenvolvidas en París, Berlín e Roma.

No caso parisino existe unha regulación moi estrita. As vivendas turísticas poden alugarse un máximo de 120 días ao ano. As persoas que posúan máis de unha vivenda na cidade teñen a obriga de arrendala por un ano a un único inquilino ou rexistralas como locais comerciais (que incrementa os custos). As sancións por incumprimento ascenden a 25.000 euros.

En Berlín, dende 2016 non se podían alugar apartamentos enteiros, unha medida que retornou máis de 2.500 vivendas aos mercados de arrendamento por longa estancia. En 2018, modifícase a lei e permítense alugueiros turísticos de inmobles enteiros ata un máximo de 90 días ao ano, pero é necesario obter un permiso municipal. As sancións neste caso poden chegar aos 500.000 euros.

No caso de Roma non existe ningunha regulación para reducir os efectos da xentrificación. Neste caso a oferta de AirBnb concéntrase no centro da cidade, e as localidades contiguas á cidade están crecendo por riba do 10 % en termos de poboación.

Fonte| El País