As experiencias de distintos países na regulación dos alugueiros demostran a limitación deste sistema á hora de lograr casas asequibles | Observatorio de Vivenda

As experiencias de distintos países na regulación dos alugueiros demostran a limitación deste sistema á hora de lograr casas asequibles

As experiencias de distintos países na regulación dos alugueiros demostran a limitación deste sistema á hora de lograr casas asequibles

A regulación do alugueiro converteuse nun tema controvertido en España, debido ás discrepancias sobre as supostas vantaxes deste sistema e os problemas que implica. Ante esta situación, analizáronse as experiencias de Alemaña, Francia, Italia e EE UU na materia, os cales deixan dúas conclusións: a primeira, que establecer límites dalgún tipo ao alugueiro é algo que fixeron moitas cidades e a segunda, que ningún destes casos foi un éxito rotundo á hora de lograr casas asequibles.

Por un lado, no caso de Alemaña, cando o Goberno intentou frear a escalada de prezos de alugueiro nas zonas máis tensionadas mediante a aprobación da lei de freo do alugueiro, que limita os prezos nos novos contratos a un máximo do 10% do alugueiro medio da zona onde está a vivenda, só se conseguiu unha desaceleración moderada; mentres que no caso de Francia, país no que se aprobaron dúas leis de regulación dos alugueiros en cinco anos, o prezo do arrendamento incluso elevouse.

Por outra parte, o caso de Italia non dista moito dos anteriores: cun mecanismo de control de rendas denominado Alugueiro de tarifa acordada, imposto en 1998, conseguiron que nos últimos anos se rexistrara un leve descenso dos prezos, pero non tan pronunciado como se marcara como obxectivo.

O último caso analizado e que demostra que a limitación dos alugueiros non é a panacea é EEUU. Con tres Estados con sistemas de limitación dos alugueiros (Nova York, California e Oregón), os prezos seguen sendo moi elevados e a poboación chega a destinar nalgunhas cidades case o 50% da súa renda mensual.

Fonte | El País