A falta de man de obra no sector da construción é un dos grandes retos do futuro da industria segundo o Colexio de Arquitectos Técnicos de Pontevedra | Observatorio de Vivenda

A falta de man de obra no sector da construción é un dos grandes retos do futuro da industria segundo o Colexio de Arquitectos Técnicos de Pontevedra

A falta de man de obra no sector da construción é un dos grandes retos do futuro da industria segundo o Colexio de Arquitectos Técnicos de Pontevedra

O futuro do sector da construción atópase co reto da falta de persoal, cando unha obra xa é un proceso longo e complicado no que interactúan moitos actores e no que hai que ir sorteando grandes dificultades para poder estrear unha vivenda. Manuel Rañó, presidente do Colexio de Arquitectos Técnicos de Pontevedra recoñece que a frase que máis se escoita na obra é a de 'sabes de alguén para traballar?'. Os aparelladores ven como a falta de formación e sobre todo, a de especialización, afectan directametne á execución e ao tempo de desenvolvemento das mesmas.

Desde o Colexio de Arquitectos Técnicos de Pontevedra pregúntanse por que o sector da construción non resulta atractivo para os mozos. Sinalan que agora tanto os horarios como os salarios deberían ser atractivos, pois melloraron despois do COVID. Esta falta de man de obra supón que a mobilidade entre empresas sexa moi alta, pois as empresas peléxanse polos traballadores especializados.

Doutra banda, Rañó indica o tirón que fan os fondos Next Generation impulsando as rehabilitacións de vivendas e as reformas de pisos para ser destinados ao alugueiro turístico.

Fonte.- La Voz de Pontevedra