A financiación das compras de vivendas con hipotecas supera o 50% | Observatorio de Vivenda

A financiación das compras de vivendas con hipotecas supera o 50%

A financiación das compras de vivendas con hipotecas supera o 50%

Segundo os datos dos notarios, en 2021 leváronse a cabo 676.775 compravendas de vivendas en todo o territorio nacional e asináronse 344.432 préstamos hipotecarios.  Trátase da cifra máis alta desde 2007, cando estabamos en pleno boom inmobiliario. De tal forma, o 50,9% de todos os inmobles residenciais que cambiaron de propiedade durante o ano pasado precisaron dunha hipoteca para formalizar a operación. 

Máis esta tendencia xa se instaurou no mercado en 2020, tras romper con nove anos de hexemonía das operacións en man (de 2011 a 2019). O peor ano foi 2013, onde dous tercios das operacións totais pagáronse en man,  cando o sector financeiro tiña pechado a billa do crédito e o prezo da vivenda seguía caendo.

Con todo, a crecente tendencia dos compradores por vivendas máis grandes e de mellores calidades calidades, a subida de prezos da vivenda e as boas condicións de financiamento que ofrecen os bancos, que levaron ao tipo de interese medio a mínimos históricos, foron algúnhas das principais razóns que impulsaron a compra de vivendas con hipoteca, que volve situarse en liña cos niveis rexistrados entre 2007 e 2010.

 

Fonte | Idealista