A financiación hipotecaria cae a mínimos históricos | Observatorio de Vivenda

A financiación hipotecaria cae a mínimos históricos

A financiación hipotecaria cae a mínimos históricos

En verán do ano 2015 as hipotecas situáronse nun 62,2% do coste total da casa, alcanzando o seu nivel máis baixo. A partir de ese momento, foi crecendo trimestre a trimestre a raíz da recuperación económica e mantívose nos últimos anos en torno ao 64,5%. Desde decembro de 2021 son constantes as caídas na media da taxa de financiación que os bancos prestan aos consumidores en relación ao valor da vivenda, debido principalmente á incertidume económica e ao encarecemento do coste dos préstamos hipotecarios. 

Esta taxa leva máis dun ano de descensos consecutivos, a excepción do último trimestre, cando creceu do 6,2% ao 6,6%. Nos últimos12 meses baixou case tres puntos porcentuais, o que corrobora a idea de que os bancos están a pechar a billa e sendo máis selectivos á hora de conceder financiamento, por medo ao risco de insolvencia. 

O Banco de España establece que o comprador da vivenda non debe destinar máis do 30% dos seus ingresos mensuais ao pago das cotas da hipoteca. O problema é que, actualmente, o volume de ingresos que unha familia destina integramente á compra dunha vivenda afástase perigosamente do límite recomendado e ameaza con seguir crecendo a medida que pasen os meses. Segundo os datos que actualiza periodicamente o propio Banco de España, ao peche do segundo trimestre de 2023 os fogares soportaban un esforzo teórico anual do 38,9%, a cifra máis elevada no país desde finais de 2011.

Fonte.- El Pais