Galicia precisa 5.000 pisos para cubrir a demanda de vivenda protexida en alugueiro | Observatorio de Vivenda

Galicia precisa 5.000 pisos para cubrir a demanda de vivenda protexida en alugueiro

Galicia precisa 5.000 pisos para cubrir a demanda de vivenda protexida en alugueiro

Atopar unha vivenda deste tipo é unha misión case imposible á vista dos datos de construcción destes inmobles durante os últimos anos: das máis de 31.000 vivendas levantadas na comunidade galega no período 2011-2019, apenas o 10% tiñan a calificación de protexidas. Este déficit agravouse co aumento das familias que necesitan este tipo de inmobles debido á crise económica provocada polo estalido da pandemia. Nun análise do mercado da vivenda en Galicia, a patronal inmobiliaria pon cifras ás necesidades de pisos de protección na actualidade na comunidade: polo menos 5.000 inmobles en réxime de arrendamento, xa que a maioría dos demandantes non poden afrontar o desembolso que require unha compra.

As áreas de A Coruña e Vigo son as que arrastran unha maior demanda deste tipo de inmobles e para atender as necesidades de ambas zonas fan falta polo menos 1.200 vivendas protexidas para a cidade coruñesa e a súa contorna e 2.000 para Vigo e concellos limítrofes. O volume nas outras cinco cidades galegas e as súas áreas de influencia queda moi por debaixo destas cifras: 500 para a zona de Santiago; 400 para Lugo, así como para Pontevedra; 300 para Ourense e 200 para Ferrol, segundo o análise realizado pola Federación Galega de Empresas Inmobiliarias (Fegein).

O sector urxe unha nova lei estatal de vivenda que impulse novas figuras de provisión de vivendas a un prezo asequible, como dereito de superficie, a cesión de uso ou o cohousing (cooperativa de vivenda pensada para persoas maiores que queren vivir de forma independente pero con servizos comúns).

Outra liña que debe revisarse é a xestión do parque de vivendas vacías, cun marco legal que defina este tipo de inmobles e ao gran tenedor e así habilitar ferramentas para que comunidades e oncellos podan detectalas e movilizalas con fines sociais.

Fonte | La Opinión Coruña