A Generalitat aproba unha nova regulación para as vivendas turísticas: limita a 10 licenzas por cada 100 habitantes | Observatorio de Vivenda

A Generalitat aproba unha nova regulación para as vivendas turísticas: limita a 10 licenzas por cada 100 habitantes

A Generalitat aproba unha nova regulación para as vivendas turísticas: limita a 10 licenzas por cada 100 habitantes

O goberno catalán aprobou o pasado martes unha nova regulación, mediante un decreto lei, que afecta as vivendas de uso turístico que reducirá o número destas nos municipios con maior concentración, á vez que a administración catalá considera que non hai oferta suficiente para vivenda habitual.

Isto será regulado pola administración catalá a través de novas esixencias urbanísticas en 262 municipios e terán como límite outorgar un máximo de 10 licenzas para vivendas turísticas por cada 100 habitantes. Con isto, actualmente hai 47 localidades catalás que superan a proporción, principalmente nas zonas costeiras e zonas de esquí, que supón un excedente de 28.000 pisos turísticos (representa o 29,5 % do total de vivendas de uso turístico, 95.095, nas 262 poboacións afectadas). As licenzas teranse que repartir en concurso público en cumprimento da nova norma. Esta norma reducirá máis do 27 % do parque de vivendas de uso turístico.

En canto ás vivendas que actualmente xa están destinadas a usos turísticos, se non conseguisen a licenza para continuar coa actividade, nun prazo de cinco anos temdrán que cesar coa súa actividade, auqnue dispoñerán dunha prórroga doutros cinco anos se acreditasen que non poden compensar as perdas patrimoniais por investimentos realizados debido á perda da correspondente licenza.

Entre os requisitos para consegir a licenza atópase realizar a comunicación á administración para estar censadas e ter cédula de habitabilidade, estar amobladas e que se alugue toda a vivenda completa, non só unha habitación.

Fonte.- El Economista