Grandes cidades do mundo tratan de frear o auxe dos pisos turísticos sen claros resultados: destaca a redución dun 41% en Berlín e un 18% en Nova York | Observatorio de Vivenda

Grandes cidades do mundo tratan de frear o auxe dos pisos turísticos sen claros resultados: destaca a redución dun 41% en Berlín e un 18% en Nova York

Grandes cidades do mundo tratan de frear o auxe dos pisos turísticos sen claros resultados: destaca a redución dun 41% en Berlín e un 18% en Nova York

Son moitas as cidades que tiveron que tomar medidas ante o gran auxe dos pisos turísticos que asolagan os centros dos núcleos urbanos e que agravan o problema de acceso á vivenda actual. Plataformas como Airbnb experimentou unha gran expansión polas grandes cidades como consecuencia do alto volume de turismo e aceleraron o proceso de xentrificación nalgúns barrios. Isto provocou o transvasamento de poboación cara ás aforas da cidade.

No caso de Florencia, tomou medidas para conter a situación prohibindo, a principios de outubro, os alugueiros de Airbnb no centro histórico, unha norma que xa adoptara a cidade de Nova York un mes antes e que previamente tambien aplicaran París, Lisboa ou Barcelona, co fin de evitar a expulsión de residentes e a retirada de inmobles do mercado de alugueiro a longo prazo. 

EL MUNDO realizou unha análise nas cidades máis restritivas do mundo e obtivo o resultado de que só tres das nove cidades reduciron o seu stock no últimos catro anos: un 41% na capital alemá, un 18% en Nova York e tan só un 1,18% no caso de Barcelona. Polo lado contrario, Madrid aumentou un 43% o número de vivendas de uso turístico (presenta cinco veces máis Airbnb que casas de alugueiro convencioanl na cidade) e Valencia un incremento do 31%.

Fonte.- El Mundo