Grecia endurece a normativa relativa ás Golden Visa para loitar contra a crise inmobiliaria | Observatorio de Vivenda

Grecia endurece a normativa relativa ás Golden Visa para loitar contra a crise inmobiliaria

Grecia endurece a normativa relativa ás Golden Visa para loitar contra a crise inmobiliaria

As Golden Visa permiten conceder permisos de residencia a cidadáns estranxeiros non comunitarios que invistan en vivenda. Este programa foi lanzado en 2014 durante a crise grega co obxectivo do fomentar o investimento estranxeiro, cando os prezos inmobiliarios estaban caendo e o sector da construción estaba en crise. O investimento requirido en Grecia para poder beneficiarse deste programa estaba en 250.000 euros, e aumenta agora nalgunhas zonas ata os 800.000 euros, segundo os cambios presentados polo Ministerio de Finanzas o pasado 22 de marzo. 

Nas zonas máis turísticas de Grecia, como Ática, Salónica, Mykonos, Santorini e outras illas con máis de 3.100 habitantes, esta nova cifra alcanza os 800.000 euros de investimento mínimo, mentres que no resto de rexións será de, como mínimo, 400.000 euros. Os investidores deben adquirir agora un inmoble de polo menos 120 m2, mentres que para os edificios industriais reconvertidos en vivendas o importe mínimo de investimento esixido é de 250.000 euros, o mesmo que para o investimento nun edificio histórico. Estas medidas forman parte da política de vivenda do goberno, que ten como obxectivo, en cooperación co sector privado, garantizar unha vivenda asequible e de calidade para os habitantes, sempre tendo en conta a necesidade de continuar as inversións nas condicións máis equilibradas e favorables.

Segundo datos do Ministerio de Migración, este programa rexistrou unha demanda récord en 2023, con 10.214 solicitudes de compra ou renovación, e o ano pasado concedéronse 5.701 visados deste tipo, por un investimento total de 1.000 millóns de euros. Entre outras medidas ademáis desta, o Goberno está a fomentar a conversión de edificios en vivendas, a protección de edificios históricos e a prohibición do alugueiro de curta duración de propiedades adquiridas mediante unha 'Golden Visa'.

Fonte.- Idealista