A hipoteca alcanzou preto do 40% da renda para as persoas que compraron unha vivenda en 2023 | Observatorio de Vivenda

A hipoteca alcanzou preto do 40% da renda para as persoas que compraron unha vivenda en 2023

A hipoteca alcanzou preto do 40% da renda para as persoas que compraron unha vivenda en 2023

O incremento dos prezos da vivenda, sumado ao encarecemento das hipotecas como consecuencia do aumento dos tipos de interese, provocou que os que comprasen unha vivenda o ano pasado destinasen preto do 40% da renda ao pago das cotas hipotecarias. O esforzo teórico anual foi do 37,8% no último trimestre do ano, lixeiramente por debaixo do 38,6% correspondente ao trimestre anterior. Estes datos sitúanse por encima da recomendación financeira de destinar o 30% da renda ao pago da hipoteca. Esta barreira recomendada do 30% superouse en tódolos trimestres desde que o Banco Central Europeo subise o tipo de interese por primeira vez nunha década. De feito, o esforzo teórico anual non superaba o 35% da renda dispoñible dende 2011. 

En 2023, a renda bruta dispoñible creceu un 6,1%, segundo os datos do INE. Tamén aumentou a taxa de aforro ata o 17,3 % no último trimestre. Sen embargo, os préstamos hipotecarios tamén aumentaron en media no último ano, o que provocou que os españois teñan que dedicar unha maior parte dos seus ingresos ao pago das cotas. O interese medio das novas hipotecas fixas situouse no 3,64% en xaneiro, o seu dato máis elevado dende abril de 2016, sendo ademáis un 108% máis alto que en abril de 2022, cando o euribor foi positivo por primeira vez en máis de seis anos. O encarecemento tamén se produciu nas hipotecas de tipo variable, situándose en xaneiro no 3,24%, o dato máis alto dende decembro de 2015. 

No caso do alugueiro, segundo os datos de Idealista, o porcentaxe de ingresos do fogar necesario para acceder a unha vivenda é do 21%, pero en moitas capitais de provincia supérase o 30% ou o 40%. Barcelona lidea a taxa de esforzo, preto do 44%, seguida por Palma (43%), Valencia (39%), Málaga (38%), Madrid (37%), Alicante (35%), San Sebastián (33%), As Palmas de Gran Canaria (32%), Bilbao e Segovia (30% en ambos casos). Polo contrario, a menor taxa de esforzo dase en Cidade Real (16%), Teruel (17%), Palencia (18%), Xaén, Cáceres e Zamora (19% nos tres casos).

Fonte.- El Independiente