Idealista sinala que o esforzo financeiro destinado á compra ou alugueiro de vivenda continúa ao alza en A Coruña | Observatorio de Vivenda

Idealista sinala que o esforzo financeiro destinado á compra ou alugueiro de vivenda continúa ao alza en A Coruña

Idealista sinala que o esforzo financeiro destinado á compra ou alugueiro de vivenda continúa ao alza en A Coruña

Na provincia de A Coruña, a porcentaxe dos ingresos dun fogar necesario para acceder a unha vivenda creceu ata o 25% no caso da compra, e ata o 23% no caso do alugueiro durante o último ano, segundo o último estudo publicado polo portal inmobiliario Idealista. Estes datos baséanse no primeiro trimestre do ano, e amosan unha diferenza do 4% con respecto ao esforzo dos coruñeses en marzo de 2023, que se situou no 21%.  

Das cidades galegas analizadas, A Coruña lidera o ranking, co 25% en compra e 23% en arrendamento, seguida por Pontevedra co 22% para o arrendamento e 21% para a compra, Lugo, cun 20% e un 16% respectivamente, e un 20% en arrendamento e un 17% en compra en Ourense. Na maioría dos casos, o esforzo de arrendamento supera o de compra, agás en San Sebastián, Palma, Granada, e a propia A Coruña. 

O prezo do alugueiro volveu a situarse en abril en máximos históricos, alcanzando os 9,8€/m2, o que supón un incremento do 8,8% respecto ao mesmo período do ano anterior, e un 1,7% en comparación co mes de marzo de 2024. Para Francisco Iñareta, portavoz de Idealista, tanto esta subida dos prezos como do esforzo explícase pola falta de oferta dispoñible, razoando que "a demanda mantense estable ou con incrementos pero cada vez debe centrar os seus esforzos nun volume máis baixo de vivendas, o que empuxa os prezos ao alza e tensiona o esforzo que deben realizar as familias para acceder a elas". 

Fonte.- El Ideal Gallego