Manifestacións multitudinarias contra o modelo de turismo de masas nas Illas Canarias | Observatorio de Vivenda

Manifestacións multitudinarias contra o modelo de turismo de masas nas Illas Canarias

Manifestacións multitudinarias contra o modelo de turismo de masas nas Illas Canarias

España é unha potencia mundial en turismo, pero este éxito está provocando tensións nalgúns dos destinos máis comúns. O pasado fin de semana, miles de cidadáns saíron á rúa nas Illas Canarias nunhas protestas multitudinarias que amosan o rexeitamento da poboación cara a un modelo de turismo de masas que expulsa á poboación local e sobreexplota os recursos naturais. España recibiu máis de 85 millóns de visitantes en 2023, tan só por detrás de Francia, e espera superar os 90 millóns este ano, case o dobre que a poboación española. 

O sector turístico achega o 35% do PIB rexional e o 40% do emprego. No caso das Canarias, é o terceiro maior destino turístico español. Tan só o ano pasado recibiu 16,2 millóns de turistas, máis de sete veces a poboación do conxunto das illas (2,2 millóns de persoas). Non obstante, Canarias presenta algúns dos peores datos de España en pobreza e sanidade, cos segundos salarios máis baixos do país, e a terceira taxa de paro máis alta, un 16,2 % segundo a EPA. 

A maior queixa da poboación canaria clama sobre o acceso á vivenda, e esixen cambios no modelo de crecemento que expulsa a boa parte da poboación. As illas contan con case tantas prazas vacacionais (220.409) como prazas hoteleiras (256.793), o que ademáis contribúe a que sexa a segunda provincia onde máis creceron os prezos do alugueiro no último ano, debido ao descenso da oferta, o que engade dificultades ao acceso á vivenda. 

Fonte.- El Pais