A morosidade hipotecaria en EEUU alcanza o seu nivel máis alto dende 2011 | Observatorio de Vivenda

A morosidade hipotecaria en EEUU alcanza o seu nivel máis alto dende 2011

A morosidade hipotecaria en EEUU alcanza o seu nivel máis alto dende 2011

A taxa de morosidade das hipotecas sobre vivendas en Estados Unidos volveu a crecer no mes de maio ata colocarse no seu nivel máis alto dende novembro de 2011. Os préstamos con retrasos nos pagos incrementáronse ata o 4,3 millóns e máis do 8 % atopábanse en proceso de execución hipotecaria. 

Segundo os datos da compañía de análisis bancarias Black Knight, o número de prestatarios con máis de 30 días de retraso no pago da súa cuota aumentou en 723.000 en maio, menos que en abril, cando a pandemia golpeou de cheo en EEUU, con máis de 1,6 millóns de hipotecas con atrasos, pero acumula a súa maior cifra de préstamos sobre vivendas con impagos dende fai 9 anos. 

A situación manteñese con bastante incertidumbre para as familias estadounidenses, a reapertura de moitos negocios segue no aire e chega o fin das axudas públicas que evitan a morosidade para aqueles hipotecados que quedaron sen traballo. O Departamento de Traballo do Goerno informou de que 20,5 millóns de persoas seguen nas listas de desempleados na primeira semana de xuño. 

 

Fonte | Bloomberg