A nova lei de vivenda retardará a construción de novas vivendas destinadas ao alugueiro, segundo expertos do sector | Observatorio de Vivenda

A nova lei de vivenda retardará a construción de novas vivendas destinadas ao alugueiro, segundo expertos do sector

A nova lei de vivenda retardará a construción de novas vivendas destinadas ao alugueiro, segundo expertos do sector

O Consello de Ministros deu luz verde xa ao anteproxecto de lei de vivenda, xerando críticas entre os expertos do sector polas medidas intervencionistas dentro do mercado do alugueiro propostas nos documentos.

O principal problema que se atopa é que estas medidas son algo difusas: a limitación dos prezos expón moitas dúbidas, xa que a normativa apoiarase nuns índices oficiais que poderán ser renegociados ata 18 meses despois da aprobación do texto; a penalización das vivendas baleiras cunha recarga do IBI de ata o 50% está pouco definida e a retardación que sufrirá a construción debido ás medidas de impulso do alugueiro poderán provocar un descenso do investimento inmobiliario, xa que atoparán moitas trabas para facelo.

Así, a principios de 2021 augurábase un volume de nova oferta residencial para alugar de 28.000 unidades para todo o país até 2025, pero as medidas adoptadas polo Goberno poderían pór en corentena a construción de polo menos un terzo da nova oferta de alugueiro proxectada, polo que unhas 10.000 vivendas das 28.000 estimadas quedarían nas pavías.

Fonte | ABC