A nova lei hipotecaria protexerá ao inquilino | Observatorio de Vivenda

A nova lei hipotecaria protexerá ao inquilino

A nova lei hipotecaria protexerá ao inquilino

Coa entrada en vigor da nova lei hipotecaria en España, introducense diversos cambios na normativa, xa que obriga ás entidades financeiras a correr cos gastos derivados da formalización de hipotecas, excepto a tasación: os gastos de notaría, xestoría, rexistro e o Imposto de Actos Xurídicos Documentados. 
Isto suporá unha maior protección para evitar desafiuzamentos, xa que se elevan os limiares de falta de pagamento de forma que durante a primeira metade do contrato, deberase producir unha falta de pagamento de cotas que alcancen o 3% do principal do préstamo ou 12 mensualidades. A partir de entón, poderase executar a hipoteca. De modo similar, a partir da segunda metade do contrato, deberase producir unha falta de pagamento de cotas que alcancen o 7% do principal do préstamo ou 15 mensualidades. Aínda que o texto definitivo non inclúe a dación en pago como vía para protexer ás familias con problemas de pago. 

Fonte.- Rankia