As novas restriccións enerxéticas presupoñen un descenso na oferta de alugueiro en Francia | Observatorio de Vivenda

As novas restriccións enerxéticas presupoñen un descenso na oferta de alugueiro en Francia

As novas restriccións enerxéticas presupoñen un descenso na oferta de alugueiro en Francia

A normativa que entrou en vigor en 2023 para reducir as emisións de gases de efecto invernadero, e que introducirase de forma gradual coa intención de que os propietarios reformen ata un total de 37 millóns de vivendas ata 2050, segundo os expertos vai provocar un descenso na oferta de pisos en alugueiro. 

As novas normas, por agora propias de Europa, supoñen un problema para as vivendas históricas, posto que foron construidas moi previamente ás regulacións sobre medio ambiente na construción, e que son maioría en lugares como París, Alsacia ou Provenza. Co problema de stock de inmobles afectando ó mercado inmobiliario, os máis críticos consideran que estas medidas poderían empeorar a situación, o que incrementaría o malestar social nos fogares.

Para incentivar que se produzan as renovacións, as vivendas son clasificadas da A á G, segundo a súa eficiencia enerxética, sempre antes de ser vendidas ou alugadas. Aquelas que conten coas peores cualificacións irán desaparecendo do mercado do alugueiro de maneira gradual ao longo da próxima década. Os diferentes gobernos facilitarán parte do diñeiro público aos propietarios co fin de realizar as reformas necesarias.

Prevese que para 2028 preto de 5,2 millóns de inmobles clasificados como F ou como G, as peores cualificacións, deixarán de ser opcións para alugueiro, o que supón un 17% do total de inmobles en stock. En 2034 ocorrerá o mesmo con aquelas que dispoñan dunha nota E na clasificación, o que ampliaría a o número ata o 40% das vivendas no mercado.

Fonte.- Idealista