Numerosos propietarios de pisos turísticos paran a súa actividade en Santiago de Compostela | Observatorio de Vivenda

Numerosos propietarios de pisos turísticos paran a súa actividade en Santiago de Compostela

Numerosos propietarios de pisos turísticos paran a súa actividade en Santiago de Compostela

A ofensiva do goberno de Santiago de Compostela contra os alugueiros turísticos provocou que nos últimos días 500 pisos adicados a actividade vacacional pechasen.

En caso de seguir funcionando, sen ter licencia municipal, as sancións poden chegar ata os 15.000€  e a personificación da Policía Local no domicilio, o que leva a moitos propietarios a cancelar reservas xa pechadas pese a estar dados de alta no rexistro VUT da Xunta. Dende o Pazo de Raxoi estímase que hai ao redor de 900 pisos destinados ao alugueiro vacacional, dos que tan só 36 contan con licencia municipal.

A concelleira da materia, Mercedes Rosón, defende en unha entrevista a ABC, que non buscan prohibir ese modelo de negocio senón regulalo, ademais de culpar a esta actividade de que non haxa pisos dispoñibles nin para familias nin para estudantes no resto da cidade. Rosón tamén recalcou que desde 1998 existe unha lei municipal que prohibe a creación deste tipo de actividades en vivendas particulares e que xa leva tempo notificando aos propietarios que destinan os seus pisos ao alugueiro turístico que cesen a súa actividade.

Entre os cambios que exporán desde a coorporación municipal están a prohibición de abrir vivendas destinadas para turismo na zona vella de Santiago ademais da posibilidade de abrilos en primeiros ou baixos no resto da cidade así como contemplar a explotación como VUT durante dous meses ao ano en calquera localización da capital.

Fonte.-ABC