O 60% das demandas de vivenda protexida en Pontevedra priorizan a opción do alugueiro | Observatorio de Vivenda

O 60% das demandas de vivenda protexida en Pontevedra priorizan a opción do alugueiro

O 60% das demandas de vivenda protexida en Pontevedra priorizan a opción do alugueiro

Segundo o Rexistro Único de Demandantes de Vivenda, seis de cada vez pontevedreses que demandan vivenda protexida priorizan o alugueiro fronte á compra. Son 952 os interesados en acceder a unha vivenda pública na cidade, onde 592 (o 62 %) prefiren a opción de arrendar sobre a de adquirir unha vivenda. Do total, 214 aspiran a un alugueiro con opción de compra dunha vivenda de protección oficial e de promoción pública, mentres que tan só 59 están inscritos como candidatos para a opción de compra. 

A previsión da Xunta para os próximos dous anos é ampliar o parque de vivenda público para satisfacer a demanda. O pasado mes de marzo aprobouse no Consello da Xunta a estratexia para a promoción de vivenda pública e o impulso da vivenda protexida, co obxectivo principal de incrementar nun 50% o parque actual público de vivenda residencial, ata alcanzar os 5.600 vivendas no ano 2026.

No caso da cidade de Pontevedra, a Xunta prevé iniciar proximamente a construción de 74 novas vivendas públicas en Valdecorvos, que se destinaría ao alugueiro social. As obras foron licitadas o pasado 29 de decembro de 2023 por un importe de 15.625.297 euros, aínda que como adoita ocorrer nas contratacións públicas, o orzamento definitivo marcarao a futura adxudicataria. Os pisos sociais de Valdecorvos engádense aos 132 que entregou a Xunta en 2016 no mesmo barrio, construídos nas rúas Prado Novo e Rúa dás Fragas. Ademais, Xestur ten previsto a venda das últimas parcelas que quedan en polígono cunha edificabilidade máxima para 104 pisos.

Fonte.- Diario de Pontevedra