O 60% das vivendas en España cómpranse en man | Observatorio de Vivenda

O 60% das vivendas en España cómpranse en man

O 60% das vivendas en España cómpranse en man

Segundo os últimos datos publicados polo INE a través do seu informe económico Funcas, de xaneiro a outubro de 2023 vendéronse en España 832.756 vivendas, das cales tan só pasaron por notaría 323.998, é dicir, o 38,9%, case 4 de cada 10. Polo tanto, 6 de cada dez, aproximadamente o 60% compránse en man ou con outro tipo de financiación. Contando tan só os compradores que realizan a transacción a través dunha inmobiliaria, as cifras baixan. Segundo a Federación Nacional de Asociacións Inmobiliarias, hai entre un 35% e un 40% de operacións en man, crecendo en 5 puntos porcentuais no último ano.

Os motivos que poden estar detrás deste aumento nas operacións en man son variados. En primeiro lugar, a maioría destas compras son inversións maioristas e non residentes, é dicir, cidadáns estranxeiros con moito poder adquisitivo que compran vivendas para invertir. Por outro lado, a maioría destas operacións sen hipoteca están concentradas en zonas turísticas, habitúan a ser segundas residencias, e habitualmente son compradas tamén por cidadáns estranxeiros coa idea de investir no mercado inmobiliario.

Polo tanto, unha das craves é o aumento da especulación coa vivenda en España. Investir na vivenda en España é atractivo na actualidade, posto que no último ano a vivenda nova aumentou un 11%, e moi poucos activos xeran ese incremento en tan pouco tempo. Doutra banda, en España as hipotecas son máis caras que na Unión Europea, en concreto, o tipo medio na UE é de 2,09%, mentres que en España é de 2,7%. Isto provoca que sexa máis difícil acceder a unha hipoteca, e haxa máis predisposición a pagar en man. 

Fonte.- Cadena Ser