O ano 2023 foi un dos mellores en compravenda de vivendas a pesar do descenso anual | Observatorio de Vivenda

O ano 2023 foi un dos mellores en compravenda de vivendas a pesar do descenso anual

O ano 2023 foi un dos mellores en compravenda de vivendas a pesar do descenso anual

Segundo a estatística do Colexio Xeral do Notariado, a pesar do descenso do 11,2% na compravenda de vivendas en España en 2023, en 2023 pecháronse 640.451 transaccións, o cuarto mellor resultado da serie histórica dende 2007. Esta cifra mellora as cifras dos anos prepandemia, e prácticamente dobra as cifras dos peores anos da crise económica, entre 2012 e 2014. 

A previsión para este ano 2023 era un descenso do 20% nas vendas e unha caída nos prezos nun entorno de incertidume económica e en plena escalada dos tipos de interese. O descenso é, polo tanto, menor do esperado, e sucede a pesar do aumento nos prezos da vivenda, que creceron un 1,5% anual en promedio. A saída da pandemia supuxo un novo boom por atopar ou cambiar de casa para moitas familias, ou como investimento, e séguese confirmando en 2023, a pesar do descenso porcentual nas operacións.

O tipo de vivenda máis común no mercado das transaccións continuan sendo os pisos, pechando 2023 con 492.498 operacións, unha caída anual do 10,5%, pero gañando peso sobre o total de operacións, pasando do 75% en 2021, ao 76,3% en 2022, ao 76,9% co que se pechou 2023, e, ademáis, o peso da venta de pisos é o máis alto dende 2019. 

Doutra banda, a cifra de vendas de vivendas unifamiliares pechou 2023 con 147.953 operacións, un descenso do 13,6% interanual, pero acompañando ao volume global como o cuarto mellor dato desde 2007. O seu peso, tras o boom vivido en 2020 e 2021 cando superou o 25% do total de vivendas vendidas, reduciuse ao 23,1% en 2023, en consonancia co peso rexistrado en 2022 (23,7%).

Fonte.- Idealista