O Banco de España presenta unha análise sobre a influencia dos estranxeiros no prezo da vivenda en España | Observatorio de Vivenda

O Banco de España presenta unha análise sobre a influencia dos estranxeiros no prezo da vivenda en España

O Banco de España presenta unha análise sobre a influencia dos estranxeiros no prezo da vivenda en España

O Banco de España presentou o artículo analítico 'La inversión extranjera en el mercado residencial español entre 2007 y 2019' no que se confirma a hipótese de que o impacto do crecemento da poboación nos prezos é maior nas provincias con maior densidade demográfica. Ademáis, o organismo explica non se sustenta a hipótese de que a inversión dos estranxeiros non residentes contribuiu ao aumento do prezo da vivenda en España durante os últimos anos. 

O estudo mostra que a proporción que representan as compras de vivendas dos estranxeiros residentes en España sobre as transaccións totais neste mercado presentou un crecemento entre 2007 e 2019, no que pasou do 4,2 % ao 10,9 %. Os destinos onde os estranxeiros presentaron o peso máis elevado das compras de vivendas totais foron Santa Cruz de Tenerife (19 %), seguido de Illas Baleares (16 %) , Alicante (15 %) e As Palmas (14 %). 

O prezo promedio por metro cadrado das operacións realizadas por estranxeiros residentes no periodo de 2014 a 2019 foi un 4 % superior ao das efectuadas por compradores nacionais no mesmo periodo. A súa vez, o prezo promedio por metro cadrado das operacións efectuadas por estranxeiros non residentes foi un 46 % superior ao das realizadas por nacionais. 

 

Fonte | El Español