O BCE estima que en España a vivenda está sobrepagada nun 14% | Observatorio de Vivenda

O BCE estima que en España a vivenda está sobrepagada nun 14%

O BCE estima que en España a vivenda está sobrepagada nun 14%

O Banco Central Europeo estima que os inmobles residenciais rexistraron en setembro unha sobrevaloración de entre o 8% e o 14%. O Banco de España, pola súa banda, calcula esta sobrevaloración nun nivel promedio "próximo ao de equilibrio" do 3,76% en decembro, cun intervalo algo máis baixo que o BCE, cun mínimo do 0,7% e un máximo do 8,4%. Este sobrepagamento da vivenda estaría por debaixo da media da zona euro, que varía do 1% ao 19%, e lonxe do 40% que alcanzou no punto álxido da burbulla inmobiliaria en 2007. 

A caída dos prezos posterior ao estalido da burbulla inmobiliaria, provocou que, a pesar da caída da renda dispoñible dos fogares pola alza do paro e a caída de salarios, o mercado rexistrase infravaloración durante varios anos. Con todo, algúns dos modelos de análise do organismo europeo comezaron a dar síntomas de sobrevaloración no primeiro trimestre de 2017. Desde o último de 2018, as catro metodoloxías que emprega o banco central indican que os prezos da vivenda están por encima do nivel no que deberían situarse segundo a capacidade económica das familias.

En relación a isto, o Banco de España estima que a vivenda está sobrevalorada dende fai menos tempo, xuño do 2020, e calcula que a sobrevaloración media situouse no 25,3%, cun máximo do 52,1% en setembro de 2007. 

Fonte.- La Opinión de A Coruña