O Boletín Oficial do Estado publicou o 1 de maio a regulación dos créditos para inquilinos afectados pola crise da COVID-19 | Observatorio de Vivenda

O Boletín Oficial do Estado publicou o 1 de maio a regulación dos créditos para inquilinos afectados pola crise da COVID-19

 O Boletín Oficial do Estado publicou o 1 de maio a regulación dos créditos para inquilinos afectados pola crise da COVID-19

O Boletín Oficial do Estado (BOE) publicou o pasado venres 1 de maio a orde do Ministerio de Transportes, Movilidade e Axenda Urbana na que se especifica a regulación dos créditos para inquilinos afectados pola crise da coronavirus. A principal novidade da orde e que se amplía ata cinco veces os ingresos que como máximo poden recibir os fogares que se acollan a estes préstamos. 

A medida diríxese a tódolos inquilinos cuxos contratos estén suxeitos á Lei de Arrendamentos Urbanos e se atopen nunha situación de vulnerabilidade derivada la epidemia da COVID-19, cumplindo os tres requisitos especificados no BOE. 

Os microcréditos cubrirán un máximo de 5.400 euros, o equivalente a seis mensualidades dun máximo de 900 euros , e o diñeiro terá que destinarse obligatoriamente ao pago da renda. O plazo para pedilo finaliza o 30 de setembro e serán compatibles con outras axudas. Posto que a norma ten un carácter retroactivo ao 1 de abril, o inquilino poderá solicitar xa un crédito equivalente á sumas das rendas que van dende abril ata outubro. 

O prazo inicial de devolución é de seis ano e pódese pagar unha carencia de seis meses antes de empezar a devolvelo. O solicitante só devolverá a cantidade que pida prestada, os intereses corresponden ao Estado. 

Fonte | El País