O confinamento pon en evidencia a mala calidade das vivendas españolas | Observatorio de Vivenda

O confinamento pon en evidencia a mala calidade das vivendas españolas

O confinamento pon en evidencia a mala calidade das vivendas españolas

Debido ao confinamento que comezou o pasado 14 de marzo, levamos unhas 1.000 horas dentro das nosas vivendas, tempo necesario para darnos conta da necesidade de melloralas e correxilas. 

Unha gran parte das vivendas construidas en España carecen de ventilación e iluminación natural, salubridade, accesibilidade e conforto. Moitas non teñen terraza ou son interiores. Hai vivendas con tan poucos metros cadrados que é díficil atopar espazos para as novas necesidades como o teletraballo ou facer deporte. 

Segundo un estudo realizado por idealista, o 7,9 % dos fogares do país está pasando o confinamento en pisos interiores, sen poder ver a rúa. 

 

Fonte | El País