O Consello de Estado do goberno chinés está considerando mercar vivendas que non se venden para salvar o mercado inmobiliario | Observatorio de Vivenda

O Consello de Estado do goberno chinés está considerando mercar vivendas que non se venden para salvar o mercado inmobiliario

O Consello de Estado do goberno chinés está considerando mercar vivendas que non se venden para salvar o mercado inmobiliario

Segundo adianta Bloomber, o Consello de Estado do goberno chinés está considerando unha proposta para que os gobernos locais do país compren millóns de vivendas que están aínda sen vender, para salvar ao mercado inmobiliario en crise. A venda de vivendas no xigante asiático descendeu preto dun 47% no primeiro trimestre de 2024, e a oferta de mercado atópase no seu nivel máis baixo dende 2016. 

China xa experimentou en anteriores anos con varios programas piloto co obxectivo de eliminar o exceso de stock de vivendas con financiamento estatal, pero esta proposta parte da idea de pedir ás empresas estatais locais que axuden a comprar vivendas de promotores en dificultades con grandes descontos utilizando préstamos proporcionados por bancos estatais. Moitas destas propiedades mercadas converteríanse en vivendas alcanzables. Entre outras opinións, Raymond Cheng, xefe de investigación inmobiliario de China en CGS International Securities HK, afirma que "este plan pode inxectar liquidez aos promotores directamente e mellorar a súa situación financeira, ademais de dixerir inmediatamente o exceso de inventario". 

O stock de vivendas sen vender no país aumentou a máis de 334 millóns de metros cadrados o ano pasado, o máis alto dende 2016, segundo datos oficiais. Segundo unha estimación de Tianfeng Securities, ao goberno costaralle polo menos 7 billóns de yuanes (uns 8.930 millóns de euros), é dicir, o 78% do déficit orzamentario deste ano, absorber o inventario en 18 meses. 

Fonte.- Idealista