O Covid afunde o prezo medio do solo urbano ao seu menor valor en máis de 15 anos | Observatorio de Vivenda

O Covid afunde o prezo medio do solo urbano ao seu menor valor en máis de 15 anos

O Covid afunde o prezo medio do solo urbano ao seu menor valor en máis de 15 anos

Segundo a serie histórica actualizada polo Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana (Mitma), que parte do ano 2004, o valor do solo urbano afundiuse a causa da pandemia: o prezo medio por metro cadrado caiu ata os 139,6 euros no segundo trimestre de 2020, a súa cifra máis baixa dende os mínimos de 2014 (141,5 euros por metro cadrado). Os tres primeiros meses de 2020 cerraron cun prezo de 164,1 euros o metro cadrado, en certa sintonía cos trimestres anteriores, pero a caída rexistrada entre abril e xuño supón un descenso do 14,9% en variación trimestral e do 15,1% en termos interanuais.

As transaccións de solo urbanizable, que fai referencia aos solares ou terreos urbanos nos que non se construiu, tamén pecharon o segundo trimestre do ano co valor maís baixo da serie histórica, ata os 295,1 millóns de euros fronte aos 450,1 millóns dos tres primeiros meses do ano.

O maior descalabro, atendendo aos datos conxuntos de cada comunidade autónoma, produciuse en La Rioja, onde o prezo do metro cadrado pechou xuño en 67 euros, o que supón unha caída trimestral do 47,5% e de case o 54% con vistas anuais. 

O terreo urbanizable pechou xuño con crecementos positivos só en tres autonomías: Asturias, Castela e León e Extremadura.

Fonte | El País