O custo da vivenda lastra os índices de pobreza ou exclusión do informe da Rede Europea de Loita contra a Pobreza e a Exclusión Social | Observatorio de Vivenda

O custo da vivenda lastra os índices de pobreza ou exclusión do informe da Rede Europea de Loita contra a Pobreza e a Exclusión Social

O custo da vivenda lastra os índices de pobreza ou exclusión do informe da Rede Europea de Loita contra a Pobreza e a Exclusión Social

A primeira conclusión extraída do informe da Rede Europea de Loita contra a Pobreza e a Exclusión Social (EAPN) sobre España con datos de 2022 por comunidades determina que ao redor de 42.000 residentes de Galicia deixaron de estar en risco de pobreza ou exclusión social respecto ao 2021. En base a este informe, presentado o martes 17 de outubro na sede da Valedora do Pobo, o 23,6% das persoas que residían en Galicia hai un ano, o que son preto de 636.000, facíano en situación de pobreza e exclusión ou estaban en risco de caer nelas.

Este índice, por tanto, presenta un descenso do 1,6%, inferior á redución media estatal do 2,4%, o que sitúa a Galicia no número 11 nacional, con Navarra como a que tiña menos poboación en risco (14,5%) e Melilla a que máis, ao afectar ao 41,3% dos seus habitantes.

Un indicador de especial valor e que incorpora datos deste ano é o que mide carencias materiais e sociais, como dificultades para afrontar pagos relativos á vivenda (hipoteca, luz, calefacción, alugueiro), roupa, internet, comida de calidade e lecer. Esta variable empeorou en Galicia, ao sufrila o 6,3% da poboación (96.700 mulleres e 73.000 homes). A vivenda é a razón principal, cualificada no informe como 'aspiradora de rendas', a cal recorta ou elimina o resto dos gastos. 

Fonte.- Xunta de Galicia