O esforzo da renta dos fogares para comprar unha vivenda non baixaría do 40% en 2024 | Observatorio de Vivenda

O esforzo da renta dos fogares para comprar unha vivenda non baixaría do 40% en 2024

O esforzo da renta dos fogares para comprar unha vivenda non baixaría do 40% en 2024

Segundo a previsión dos analistas, a raiz do último dato do Banco de España que sitúa a taxa de esforzo teórico anual no 39,2%, o volume de ingresos que os fogares terán que destinar íntegramente á compra dunha vivenda sería aproximadamente do 40% en 2024, a niveis máximos nos últimos 10 anos. O límite recomendado na taxa de esforzo dos fogares ronda o 30% dos ingresos, polo que semella que a situación próxima todavía estaría lonxe do recomendado, debido á evolución dos tipos de interese, o mercado laboral, o coste da vivenda e a escaseza de oferta no mercado. 

José Antonio Salomón, responsable do área de Research de Gesvalt, afirma que a incertidume no mercado por mor dun escenario inflacionista o unha burbulla inmobiliaria tenden a provocar un aumento artificial nos prezos, que comezan a frear cando alcanzan o teito, pero continua mantendo o escenario económico irregular. Analizando a secuencia temporal, entre 1985 e 1990 sucedéronse aumentos nos prezos de venda de vivendas, que superaron ampliamente os aumentos no consumo e nos salarios. Combinado cos altos tipos de interese, que chegaron ao 10% en 1990, deron lugar a unha situación prohibitiva no acceso á vivenda. Por outro lado, entre 2008 e 2011, consecuencia da crise económica, as familias chegaron a destinar máis do 40% do seu salarios na hipoteca. 

Aínda que o escenario actual é distinto aos anteriores, tanto os prezos da vivenda como os salarios son dous factores que provocan un impacto na taxa de esforzo, pero a pesar do aumento de soldos, as familias seguen sen recuperar o poder adquisitivo que tiñan antes da crise inflacionaria. A iso súmase o incremento do custo dos pisos tanto en compra como en alugueiro e un encarecemento do financiamento hipotecario, que segundo a previsión, contribuirían a este aumento na taxa de esforzo no 2024. 

Fonte.- El Pais