O euríbor provoca o primeiro descenso interanual na cota da hipoteca dende decembro de 2021 | Observatorio de Vivenda

O euríbor provoca o primeiro descenso interanual na cota da hipoteca dende decembro de 2021

O euríbor provoca o primeiro descenso interanual na cota da hipoteca dende decembro de 2021

O euríbor é o índice ao que están referenciadas a maioría das hipotecas a interese variable. Este mes de abril, provocou o primeiro descenso na cota mensual da hipoteca dende decembro de 2021, pechando o mes nunha media do 3,704%, tras marcar o martes 30 o 3,726%, o mesmo dato que o día anterior. Desta forma, ao calcular o pago mensual, a diferenza será inferior á do ano anterior, o que supón un cambio de tendencia que, segundo os analistas, irase consolidando co paso dos meses. 

Desta forma, un préstamo dunha media de 136.145 euros (a media segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística en febreiro) a 24 anos cun diferencial de 1%, pasará de 793,68 euros mensuais a 789,58 euros, apenas 4,1 euros menos ao mes, o que supón un aforro anual de 49,2 euros. 

O euríbor alcanza varios meses de baixadas, pero non o suficiente como para situarse por debaixo dos tipos de interese que había un ano atrás, que son os que se utilizan para calcular as cotas. A pesar do pequeno descenso en abril, os expertos afirman que podería supoñer un cambio de tendencia, en especial cando se comparen os intereses coa media máxima mensual do 4,16% que se alcanzou en outubro de 2023. A medida que gaña puntos a opción dunha baixada do prezo do diñeiro por parte do Banco Central Europeo (BCE), o cal podería producirse en xuño, a tendencia do euríbor a un ano, que é a referencia á que os bancos se prestan o diñeiro entre si, vai consolidando o camiño á baixa.

Fonte.- EPE