O Goberno anuncia o fin das Golden Visa para conseguir o permiso de residencia adquirindo vivenda | Observatorio de Vivenda

O Goberno anuncia o fin das Golden Visa para conseguir o permiso de residencia adquirindo vivenda

O Goberno anuncia o fin das Golden Visa para conseguir o permiso de residencia adquirindo vivenda

O presidente do goberno anunciou este luns que o Executivo iniciará o procedemento para eliminar a concesión de este documento que permite acceder ao réxime residencial cando se inviste máis de medio millón de euros en bens inmobles. Este proceso realizarase a través dun informe elevado pola ministra de Vivenda e Axenda Urbana para modificar a lei, que será estudado polo Consello de Ministros. España segue desta forma o exemplo de Portugal, que fai uns meses decidiu restrinxir esta medida para facer fronte á escalada de prezos que sufríu o mercado inmobiliario tanto de compra como de alugueiro. 

Segundo os datos do Executivo, arredor do 94% dos visados para inversores están vinculados a inversións inmobiliarias, o que significarían preto de 10.000 autorizacións. As cidades máis demandadas para este tipo de operacións son Barcelona, Madrid, Málaga, Alicante, Palma e Valencia, que "ademáis, coinciden en ser as zonas máis tensionadas". 

Esta medida popularizouse en España despois da crise financeira de 2008 e o estalido da burbulla inmobiliaria, debido concretamente á caída do investimento estranxeiro. Entre varias vías para conseguir o permiso de residencia (como a compra de accións ou participacións nunha empresa española, por exemplo), a que máis se popularizou permitía ao inversor conseguir o visado mediante a compra de bens inmobles por un valor superior aos 500.000 euros. Estas Golden Visa permitían traballar e vivir legalmente en España durante 2 anos como mínimo, e non esixía a residencia en territorio español para obtela. Ademáis, outorgaba liberdade de circulación polo territorio Schengen, que inclúe 29 dos estados de Europa.

Fonte.- El Mundo