O Goberno anuncia a prórroga da suspensión dos desafiuzamentos hipotecarios de persoas en situación de vulnerabilidade ata 2028 | Observatorio de Vivenda

O Goberno anuncia a prórroga da suspensión dos desafiuzamentos hipotecarios de persoas en situación de vulnerabilidade ata 2028

O Goberno anuncia a prórroga da suspensión dos desafiuzamentos hipotecarios de persoas en situación de vulnerabilidade ata 2028

O Consello de Ministros acordou prorrogar ata 2028 a suspensión dos desafiuzamentos hipotecarios para debedores en situación de vulnerabilidade, unha medida que chegaba á súa fin este mércores. O real decreto lei ten a súa orixe na lei de medidas para reforzar a protección aos debedores hipotecarios, reestruturación de débeda e alugueiro social, aprobada polo Goberno do PP en 2013 para paliar os efectos da crise económica do ano 2008. Esta lei, paralizaba durante dous anos os desafiuzamentos hipotecarios de familias en situación de especial risco de exclusión social, como familias numerosas, familias con algún membro en situación de dependencia, enfermidade ou discapacidade recoñecida, vítimas de violencia de xénero... 

Dende ese momento, a moratoria prorrogouse en varias ocasións, a última de elas a raíz da iniciativa de Podemos en maio de 2020, como consecuencia da crise do Covid-19, ampliando as posibilidades de acollerse a un maior número de familias. Esta medida formou parte do conxunto de ferramentas para facer fronte ás consecuencias económicas e sociais derivadas, ademáis da pandemia, da guerra de Ucraína e, en particular, do aumento da carga financeira asociada ao aumento dos tipos de interese e o seu efectos sobre os préstamos hipotecarios sobre vivenda habitual. 

Fontes do Ministerio de Vivenda destacaron que o texto aprobado prorroga ata o 15 de maio de 2028 o contido do real decreto lei, e explican que ben, se a medida está destinada a un determinado colectivo vulnerable, "o seu impacto económico xeneral é positivo, xa que a loita contra a exclusión social ten externalidades positivas para o conxunto da sociedade, ao favorecer a seguridade, a paz e a cohesión social, factores fundamentais para favorecer o desenvolvemento e o crecemento económico". 

Fonte.- Público