O Goberno aproba un Real Decreto-lei que ofrece dúas opcións para calcular o imposto de plusvalía municipal para quen venda ou herde unha casa | Observatorio de Vivenda

O Goberno aproba un Real Decreto-lei que ofrece dúas opcións para calcular o imposto de plusvalía municipal para quen venda ou herde unha casa

O Goberno aproba un Real Decreto-lei que ofrece dúas opcións para calcular o imposto de plusvalía municipal para quen venda ou herde unha casa

O Consello de Ministros acaba de aprobar o Real Decreto-lei que modifica a forma de calcular o imposto de plusvalía municipal para adaptalo á sentenza do Tribunal Constitucional que declarou ilegal este tributo o pasado 26 de outubro. Así, a nova normativa busca que se pague plusvalía só no caso de que se venda ou traspase unha vivenda cando houbo unha ganancia e por tanto quen venda unha casa en perdas estará exento do pago a partir da data de publicación no BOE (martes 9 de novembro de 2021).  

Desta forma, a nova normativa dúas alternativas de cálculo do imposto: a fórmula obxectiva, mediante a cal se multiplicará o valor catastral do inmoble cuns novos coeficientes actualizados cada ano; e a fórmula real, calculada a través da diferenza entre o prezo de venda ou traspaso e o prezo de compra ou transmisión do inmoble.

O contribuínte poderá elixir entre estes dous modelos, aquel que sexa máis conveniente para el. 

Fonte | Idealista