O Goberno aprobou este martes o proxecto de lei de vivenda e espera tramitalo de urxencia | Observatorio de Vivenda

O Goberno aprobou este martes o proxecto de lei de vivenda e espera tramitalo de urxencia

O Goberno aprobou este martes o proxecto de lei de vivenda e espera tramitalo de urxencia

O Consello de Ministros aprobou este martes o proxecto de lei de vivenda, e solicitará a súa tramitación parlamentaria polo trámite de urxencia, o cal acorta os prazos a metade. 

O texto é sustancialmente o mesmo que na primeria lectura, pero tras o informe desfavorable do Consello Xeral do Poder Xudicial introducíronse novos cambios. Refírense sobre todo a cuestións para clarificar a razón de por qué o Estado ten competencias para lexislar nesta materia. Pois a crítica dos xuíces baseábase en que o texto invadía competencias autonómicas. En base, a proposta do texto é controlar os precios dos alugueiros, diferenciando entre granades empresas propietarias de vivendas (máis de 10) e os resto dos caseiros. Os primeiros, deberán ceñirse a uns baremos de renda determinados por unha estatística pública que está todavía por construirse, e para os caseros particulares haberá bonificacións fiscais, que poderán chegar ata o 90% de rebaixar a renda polo menos un 5%. Tamén se establece unha prórroga obligatoria do contrato nas mesmas condicións cun tope de tres anos, iso sí actualizado polo IPC. Pero, todas estas medidas están condicionadas ás áreas de mercado tensionado. Onde se considera que os prezos subiron máis do razonable, e ao ser competencia autonómica deberán ser as comunidades as que decidan iniciar o procedemento. 

Fora do parlamento, a norma non é ben acollida, os principais portais inmobiliarios mostraros o seu rechazo a unha lei que Fotocasa califica de "intervencionista", que para Idealista "Xera incertidume no mercado", e para Asval, unha asociación que reúne a particulares e algunhas das maiores empresas arrendadoras de España, considera que "a discriminación entre grandes e pequenos propietarios limita o dereito de propiedade en función do número de inmobles".

Fonte | El País