O Goberno canario limitará o alugueiro vacacional a pisos superiores a 39 metros cadrados | Observatorio de Vivenda

O Goberno canario limitará o alugueiro vacacional a pisos superiores a 39 metros cadrados

O Goberno canario limitará o alugueiro vacacional a pisos superiores a 39 metros cadrados

O Goberno de Canarias, sustentado pola alianza entre Coalición Canaria e Partido Popular, fixo público o Anteproxecto de Lei de ordenación sostible do uso turístico de vivendas, norma a través da cal regularase esta actividade nas illas. Esta medida obriga a que as vivendas residenciais que queiran ser usadas para este negocio teñan unha antigüidade mínima de dez anos, un mínimo de 39 metros cadrados útiles de superficie e un máximo de oito prazas. Adicionalmente, será necesaria a autorización expresa da xunta de propietarios cando os estatutos permitan esta práctica. 

Ademáis, os aloxamentos de uso vacacional non poderán superar o 10% da edificabilidade residencial total do municipio. Na actualidade, existen municipios nos que se supera esta cifra, como por exemplo Yaiza, en Lanzarote, cuxa oferta vacacional supón o 22% da oferta total, o 21,5% de La Oliva (Fuerteventura), o 10,62% en San Bartolomé de Tirajana (Gran Canaria); o 13,35% en Adeje (Tenerife); ou o 10,72% en Hermigua (La Gomera), segundo os datos facilitados polo Goberno insular.

Actualmente hai 53.938 pisos turísticos rexistrados nas illas, segundo os datos do Executivo, un 39,7% máis que en novembro de 2022. En total, hai dispoñibles 220.409 prazas. Tenerife é a illa que máis establecementos ten, con 22.756, e séguelle Gran Canaria (13.229), Lanzarote (7.577), Fuerteventura (7.046), La Palma (1.667), La Gomera (1.119) y El Hierro (544). Doutra banda, a illa con maior porcentaxe de vivendas turísticas sobre o total de vivendas censadas ascende ao 4,37% de total na provincia das Palmas, mentres que na de Santa Cruz de Tenerife ascende ao 3,78%.

Fonte.- El Pais