O goberno de Canada extende o veto á compra de vivenda a inversores estranxeiros ata 2027 | Observatorio de Vivenda

O goberno de Canada extende o veto á compra de vivenda a inversores estranxeiros ata 2027

O goberno de Canada extende o veto á compra de vivenda a inversores estranxeiros ata 2027

O goberno federal de Canada aprobou en 2022 a Lei de Prohibición da Compra de Propiedades Residenciais por Non Canadenses, vetando a adquisición de vivendas residenciais no país por parte de investidores estranxeiros co obxectivo de garantir a dispoñibilidade de inmobles para os canadenses. O goberno argumentou que o aumento de diñeiro estranxeiro no mercado inmobiliario aumentou as preocupacións sobre a asequibilidade da vivenda, principalmente nos principais centros urbanos. 

Case dous anos despois o goberno de Canada decidiu prorrogar por dous anos adicionais esta norma, ata o 1 de xaneiro de 2027, no marco das medidas implementadas para facer fronte ó alza nos prezos de mercado inmobiliario canadense. 

A prohibición contempla unha serie de excepcións baixo determinadas circunstancias, como aqueles estranxeiros que teñan un permiso de traballo temporal, os solicitantes de asilo e os estudantes internacionais. 

Fonte.- Idealista