O goberno escocés declara a emerxencia nacional en materia de vivenda | Observatorio de Vivenda

O goberno escocés declara a emerxencia nacional en materia de vivenda

O goberno escocés declara a emerxencia nacional en materia de vivenda

O goberno escocés en minoría do Partido Nacional Escocés (SNP) declarou a emerxencia habitacional no país, tras un debate liderado polos laboristas en Holyrood, o parlamento nacional. O debate centrouse na desaceleración da construción en 2023, os recortes nos presupostos en Vivenda, de casi 200 millóns de libras, ou o aumento das persoas sen fogar. Os ministros do SNP escudouse nos recortes presupostarios e a austeridade do goberno de Reino Unido, pero dende Whitehall, o epicentro do Goberno do Reino Unido en Londres, afimran que o goberno escocés recibe aproximadamente un 25% máis de financiamento que outras partes do país. 

Durante o ano pasado, as cidades de Edimburgo e Glasgow, xunto a outros concellos menores, xa declararon a emerxencia habitacional nas súas poboacións. Desta forma, ao declararse a nivel nacional, o goberno recoñece formalmente o problema da vivenda e pide que se revertan os recortes no seu orzamento. Durante o debate, os partidos lembraron as peticións dos concellos, a presión dos servizos sociais para atender ás persoas sen fogar, o aumento dos prezos das propiedades ou os altos niveis de aloxamento temporal.

Os Verdes escoceses presentaron unha emenda non vinculante á moción laborista pedindo que se estableza un novo sistema nacional de control de alugueiros no novo proxecto de Lei de vivenda, que xa se presentou durante o tempo que o partido estivo no goberno de coalición.
Laboristas e conservadores escoceses, pola súa banda, acusaron ao Goberno dos recortes en vivenda e de que as súas decisións políticas perxudicaron ao sector inmobiliario. Nos últimos orzamentos, o goberno escocés recortou a partida para vivenda alcanzable en 200 millóns de libras esterlinas, ao redor do 26% entre 2023 e 2024. A entón secretaria de Finanzas, Shona Robinson, afirmou que isto se debía aos recortes dende Westminster.

Fonte.- Idealista