O Goberno esixirá, para a declaración de áreas tensionadas, que os gastos de alugueiro superen un 30% dos ingresos do fogar | Observatorio de Vivenda

O Goberno esixirá, para a declaración de áreas tensionadas, que os gastos de alugueiro superen un 30% dos ingresos do fogar

O Goberno esixirá, para a declaración de áreas tensionadas, que os gastos de alugueiro superen un 30% dos ingresos do fogar

O Goberno, a través da nova Lei estatal de vivenda, esixirá que para declarar unha área como tensionadas de prezos, que se declararán a solicitude das comunidades autónomas, os gastos medios dos fogares en vivenda (renda de alugueiro e outros gastos de subministros) deben superar o 30% dos ingresos medios por fogar. Así, as comunidades autónomas deberán xustificar que esa circunstancia se produce nunha determinada área. 

O segundo requisito que recolle o borrador é que os prezos de vivenda escalasen na zona moi por encima do que creceron os prezos. Concretamente, pedirase que en cinco anos os importes da vivenda subisen polo menos cinco puntos por encima do que o fixo o IPC autonómico. 

Así, se unha área é declarada como tensionada, todos os caseiros estarán obrigados a conxelar as rendas de alugueiro se o inquilino o solicita e as empresas de máis de dez vivendas deberán rebaixar o prezo ata o máximo que estableza un índice oficial. 

Fonte | El País