O Goberno prevé alargar ata xaneiro as restriccións para desahuciar a inquilinos | Observatorio de Vivenda

O Goberno prevé alargar ata xaneiro as restriccións para desahuciar a inquilinos

O Goberno prevé alargar ata xaneiro as restriccións para desahuciar a inquilinos

O Goberno disponse a estender as medidas especiais aprobadas o pasado marzo para facer fronte aos efectos da crise do coronavirus sobre a vivenda. Segundo fontes do Executivo, este martes o Consello de Ministros debatirá unha prórroga para que esas medidas, que inicialmente aplícanse ata o 30 de setembro, se prolonguen ata o próximo 31 de xaneiro. 

Así, durante catro meses máis manteránse, polo menos, as restriccións para desahuciar a inquilinos e a prórroga obrigatoria dos contratos de arrendamento que expiren nese tempo. Tamén a obrigatoriedade dos grandes propietarios (os que teñen máis de 10 vivendas) de aceptar quitas dun 50% das rendas ou acordar cos inquilinos un aprazamento das mesmas. O que aínda se descoñece é si esta prórroga afectará a outras medidas acordadas en marzo como a liña de avales a inquilinos, as axudas directas ao alugueiro ou a moratoria hipotecaria.

En todos os casos, o requisito previo é xustificar que existe unha situación de vulnerabilidade social a causa da pandemia de covid-19, é dicir, estar nunha situación de desemprego total ou parcial (ERTE) tras o inicio da alarma sanitaria en España ou acreditar, no caso de empresarios ou autónomos, unha caída dos ingresos ou a facturación do 40%, de forma que cualquera destas situacións provoque que os ingresos da unidade familiar non superen tres veces o IPREM (o que equivale a 1.613,52 euros ao mes).

Fonte | El País