O Goberno publica o real-decreto que regula o bono xoven do alugueiro | Observatorio de Vivenda

O Goberno publica o real-decreto que regula o bono xoven do alugueiro

O Goberno publica o real-decreto que regula o bono xoven do alugueiro

Este martes aprobouse o real decreto que regulará o bono xoven dos alugueiros. O bono contempla axudas de ata 250 euros mensuais  aos inquilinos menores de 35 anos, pero non é compatible con axudas similares ás que otorgan as comunidades autónomas. Máis sí o será coas axudas para xóvenes contempladas no Plan Estatal de Vivenda 2022-2025.

Poderán solicitar o bono xóvenes menores de 35 anos que perciban rendas salariais inferiores a 24.318,25 euros anuais, pero se o inquilino tivo que desplazarase a outra comunidade a cuantía ascende a 32.425,15 euros sempre e cando esté empadroado na cidade onde solicita a axuda. Ademáis, o límite de ingresos aplícase, en principio, a renda do fogar, é dicir a tódalas persoas que teñan o seu domicilio habitual no piso arrendado. Por outra banda, a cuantía a percibir depende directamente do prezo do alugueiro, nun principio a cuantía máxima e de 250 euros mensuais pero se un inquilino paga 200 de renda esta será a cuantía  a percibir.

A vivenda é unha competencia transferida ás comunidades autónomas, o que supón que xa existan axudas dedicadas ós algueiros, e o bono será incompatible con estas axudas de carácter autonómico. Porén, o decreto contempla certas compatibilidades como con outras prestacións non contributivas á Seguridade Social ou co ingreso mínimo vital (IMV), e as comunidades poderán habilitar un réxime especial para inquilinos especialmente vulnerables.  

Outra limitación do bono é a renda máxima do alugueiro, con carácter xeral será de 600 euros pois enténdese que se unha persoa paga 900 euros de alquiler é que non é vulnerable aos prezos dos alugueiros. Pero as comunidades autónomas poderán decidir se subir o límite á 900 euros, algo que se espera que pase en Madid ou Cataluña cuns prezos superiores á media nacional. O decreto tamén deixa en mans das comunidades regular os pisos compartidos e que en certos casos se podia recibir o bono xoven sempre e cando se respeten o resto de limitacións.

Fonte | El País