O goberno regulará o alugueiro de tempada para que os propietarios non eludan a Lei de Vivenda | Observatorio de Vivenda

O goberno regulará o alugueiro de tempada para que os propietarios non eludan a Lei de Vivenda

O goberno regulará o alugueiro de tempada para que os propietarios non eludan a Lei de Vivenda

Os alugueiros de tempada están regulados na Lei de Arrendamentos Urbanos e creáronse para o arrendo de vivendas a estudantes, traballadores desplazados temporalmente e outras situacións de duración específica que non buscan un alugueiro estable e prolongado. Non obstante, nos últimos meses está a notarse que estanse utilizando contratos de tempada como arrendamentos normais co único fin de eludir a aplicación da Lei de Vivenda. Por exemplo, faise un contrato por menos dun ano e logo renóvase por períodos limitados, de maneira que o propietario non está suxeito ao límite do 3 % na subida do alugueiro na renovación do contrato. 

O Goberno afirma que o problema que estase a producir pola diminución da oferta de alugueiro de vivenda habitual como consecuencia do fin que se lle da a unha boa parte do parque inmobiliario existente, centrándose noutras categorías de arrendamento, como poden ser as vivendas turísticas ou os alugueiros de tempada. O Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana está estudando os mecanismos a establecer para que non se utilicen os alugueres de tempada en fraude de lei. 

Doutra banda, o Sindicato de Inquilinas e Inquilinos mostrou a súa oposición aos alugueiros temporais na súa actual forma, «que contribúen á expulsión dos inquilinos», e piden regular e limitar este tipo de contratos e tamén outras medidas para frear a especulación inmobiliaria. En concreto, reclaman unha regulación de alugueiros «real e efectiva» en todos os territorios, a prohibición dos desafiuzamentos, máis control sobre o alugueiro turístico e un aumento do parque inmobiliario público de vivenda. 

Fonte.- La Voz de Galicia