O gran incremento no número de vivendas de uso turístico e a necesidade dun marco normativo estatal son algunhas das conclusións recollidas no II Foro de Turismo Transfronteirizo | Observatorio de Vivenda

O gran incremento no número de vivendas de uso turístico e a necesidade dun marco normativo estatal son algunhas das conclusións recollidas no II Foro de Turismo Transfronteirizo

O gran incremento no número de vivendas de uso turístico e a necesidade dun marco normativo estatal son algunhas das conclusións recollidas no II Foro de Turismo Transfronteirizo

O pasado 15 de xuño celebrouse no concello lucense de Sober o II Foro de Turismo Transfronteirizo, un evento no que máis de 60 expertos e profesionais de Galicia e de Portugal analizaron o impacto das Vivendas de Uso Turístico e a atención ao cliente e a arbitraxe na resolución de litixios no sector turístico. 

Na mesa de debate sobre o impacto das vivendas de uso turístico en Galicia e Portugal participaron: o alcalde de Sober, a Directora de Competitividade Axencia Turismo Galicia, a Concelleira de Urbanismo en funcións do Concello de Santiago, o presidende do Cluster de Turismo de Galicia, o portavoz da Plataforma de Regulación de VUT (Prevituga) e a xurista da Delegación Rexional de Minho en DECO.

Do encontro recóllese conclusións como: as VUT experimentaron un crecemento moi intenso en Galicia, alterando o ecosistema de pequenas e grandes cidades galegas, pois en tan só 5 anos desde a creación do rexistro autonómico das VUT o número destas vivendas multiplicouse por catro, pasando de 5.000 a 19.000, estas últimas supoñen o 37% do total de prazas ofertadas de aloxamientos turísticos en Galicia; consideran necesario unha definición precisa, unívoca e consensuada do concepto de VUT; non existe un único perfil de usuario das VUT; e é necesario analizar o réxime tributario destas vivendas, entre otras conclusións dispoñibles no artículo do blog da Unión de Consumidores de Galicia.

Por último, os expertos coinciden na necesidade de definir un marco normativo estatal que achegue coherencia e corrixa a competencia desleal e inseguridade xurídica; en España non existe unha norma estatal que regule a promoción e ordenación desta actividade, en materia de turismo.

Fonte.- Unión de Consumidores de Galicia