O incremento do prezo dos alugueiros en Vigo case triplicouse con respecto ao IPC en 2023 | Observatorio de Vivenda

O incremento do prezo dos alugueiros en Vigo case triplicouse con respecto ao IPC en 2023

O incremento do prezo dos alugueiros en Vigo case triplicouse con respecto ao IPC en 2023

As fianzas depositadas polos propietarios de pisos de alugueiro en Vigo descenderon un 5% en 2023 con respecto a 2022. Isto corresponde ao segundo descenso anual nesta característica dende que se teñen rexistros, tan só despois do descenso provocado pola pandemia en 2020. Segundo os expertos, este descenso pode deberse á falta de oferta, e ésta deberse ao aumento dos pisos turísticos sustituíndo á oferta de alugueiro tradicional e á retirada dos pisos do mercado polos seus propietarios, debida a diversas causas. Como consecuencia do descenso da oferta, os prezos soben, e neste caso fixérono nun 9% no último ano, case triplicando o IPC anual, que correspondeu ao 3,2%. 

En 2022 depositáronse na Xunta 5.642 fianzas de alugueiro, polas 5.381 depositadas en 2023. Non obstante, o prezo continúa ó alza; o prezo medio en 2023 da vivenda en Vigo situouse en 612,1€, un 9% máis que o ano anterior. No que vai de ano 2024, os prezos do alugueiro acumulan un incremento do 6%, ata fixar a fianza media en 624,4€. Nos últimos dez anos, Vigo é a cidade galega onde máis se incrementou o alugueiro, un 72%, seguida por A Coruña, un 63%. 

Vigo é a segunda cidade galega con maior prezo, superada por A Coruña, con 656,7€. Séguenlles Pontevedra, con 595,2 euros, Santiago con 575,7 euros, Ourense, con 486,6; Lugo, 472,2 e Ferrol, a más barata, con 466,3 euros.

Poñendo o foco en Vigo, o distrito 36331 é o máis caro, cun importe medio das fianzas de 1.617 euros, aínda que tan só rexistráronse 11 alugueiros nesta zona en 2023. Trátase do barrio de Canido e a parroquia de San Miguel de Oia. Séguelle o distrito centro, o 36201, con 748,2 euros. No centro alugáronse 561 vivendas o ano pasado. A máis barata é a zona de Valladares, cun prezo medio de 501 euros, aínda que nesta parroquia tan só alugáronse 9 vivendas o ano pasado.

Fonte.- Atlántico