O INE apunta que as zonas da comarca de O Salnés son as que acumulan máis aloxamentos de uso turístico en Galicia | Observatorio de Vivenda

O INE apunta que as zonas da comarca de O Salnés son as que acumulan máis aloxamentos de uso turístico en Galicia

O INE apunta que as zonas da comarca de O Salnés son as que acumulan máis aloxamentos de uso turístico en Galicia

O INE contabiliza o número de vivendas turísticas e de prazas no territorio español, e calcula cal é a porcentaxe en cada localidade de apartamentos, casas ou pisos vacacionais con respecto ao total do parque inmobiliario. Os datos publicados esta última semana amosan o crecemento exponencial que este tipo de aloxamentos está tendo en toda Galicia e, particularmente, en comarcas como a de O Salnés. 

No municipio de O Grove, as VUT supoñen o 5,5% do total do parque inmobiliario. Esa porcentaxe dispárase na parroquia de San Vicente, ata o 9%, e nas proximidades de O Corgo e Beiramar achégase ao 7%. En Vilagarcía, a porcentaxe é unha das máis baixas, situándose no 1,44%, pero entre Carril e O Ramal escala ata o 3,3%, e entre Sobradelo e Vilaxoán, ata o 3,06%. O caso paradigmático é o de Sanxenxo, que supera o millar de vivendas de uso turístico, e sitúase como o municipio de toda Galicia cun maior número de establecementos de uso turístico. Tamén representa a maior porcentaxe de casas vacacionais con respecto ao total de vivendas, co 7,15%. 

Outros exemplos significativos son os das parroquias de Armenteira e Dena, que pertencen aos municipios de Meis e Meaño, respectivamente. As VUT son en Meis o 3,8 por cento das vivendas, pero no caso de Armenteira, a porcentaxe supera o 8 por cento. En A Illa, as VUT son o 4,5% do parque, mentres que en Vilanova é do 3,6% disparándose por enriba do 5% na contorna de As Sinas e O Terrón. En Cambados, pola súa banda, as VUT son o 2,9% coa maioría situándose entre o casco urbano e a estrada que comunica con A Modia e Oubiña. onde se eleva ata o 4% do total do parque. 

Fonte.- Faro de Vigo