O límite ao alugueiro en Berlín reduce un 25% a oferta de vivenda en xullo, segundo o portal Immoscout24 | Observatorio de Vivenda

O límite ao alugueiro en Berlín reduce un 25% a oferta de vivenda en xullo, segundo o portal Immoscout24

O límite ao alugueiro en Berlín reduce un 25% a oferta de vivenda en xullo, segundo o portal Immoscout24

A oferta de pisos de alugueiro caiu en Berlín un 25% nun ano debido, principalmente, ao chamado "tapón dos alugueiros" que aprobou o goberno da cidade-estado para acabar coa espiral alcista da vivenda na capital conxelando os arrendos. 

Un análisis do portal inmobiliario Immoscout24 apunta que, entre xullo do ano pasado, dende cando aplica a conxelación dos arrendos, e o mesmo mes deste ano, a oferta de vivendas de alugueiro nesa páxina web contraeuse significativamente, un 25% en concreto. A oferta de vivendas en alugueiro construídas antes de 2014 -ás que afecta esta lei- derrumbouse un 47,4%, mentres que as edificadas posteriormente repuntaron undo un 24,4% (co que en total a oferta de pisos descendeu un 25%). Ademais, o número de pisos de antes de 2014 que se puxeron á venda disparouse un 38,8%.

Ante os datos deste estudo parece que o "tapón dos alugueiros" ten un papel importante nestes cambios porque en outras cidades do país non se rexistraron movementos similares. Nas outras seis grandes cidades alemanas a oferta de pisos en alugueiro aumentou, de feiro, nos doce meses ata o pasado xullo.

Fonte | Idealista