O mercado da vivenda en Europa acada subidas de prezos de dobre díxito | Observatorio de Vivenda

O mercado da vivenda en Europa acada subidas de prezos de dobre díxito

O mercado da vivenda en Europa acada subidas de prezos de dobre díxito

O risco de burbullas inmobiliarias acelérase no Vello Continente. Os últimos avisos lanzáronos o BCE e o Bundesbank. O organismo presidido por Christine Lagarde ve sinais parecidas ás de 2007 e advirte de que os prezos da vivenda e as sobrevaloracións están en niveis similares ao pico previo da crise financeira global.

"Os prezos da vivenda na zona do euro subiron ao ritmo máis rápido desde 2005 no segundo trimestre de 2021", debido a que se deron moitos préstamos hipotecarios, algúns con demasiada facilidade porque os tipos de interese son moi baixos", sinalaba o último Informe de Estabilidade Financeira do BCE.


O organismo non indica cales son os países con risco de burbulla inmobiliaria, pero apunta que os problemas creceron nos países onde os prezos xa eran moi elevados antes da pandemia. Para José María Raia, director da Cátedra Vivenda e Futuro da Universidade Pompeu Fabra, os países máis tensionados son Alemaña, Suecia, Dinamarca, Países Baixos e algúns da zona do Leste. "Todos teñen subidas de prezos de dous díxitos, o que significa tres ou catro puntos mínimos por encima da inflación actual", di o experto.

No Vello Continente, segundo os datos de Eurostat, en 17 países o crecemento no prezo da vivenda foi superior á media da Unión Europea (7,3%) e da Eurozona (6,8), presentando 13 deles subidas interanuais de dobre díxito no segundo trimestre do ano. Á cabeza, Estonia rexistrou no devandito período unha variación positiva do 16,1% no prezo da vivenda, seguido de Dinamarca (15,6%), República Checa (14,5%), Luxemburgo (13,6%), Lituania (13,3%) e Países Baixos (12,8%).

Fonte | El Economista