O mercado da vivenda español mantense máis moderado que noutros países europeos, aínda que cunha tendencia á alza dos prezos | Observatorio de Vivenda

O mercado da vivenda español mantense máis moderado que noutros países europeos, aínda que cunha tendencia á alza dos prezos

O mercado da vivenda español mantense máis moderado que noutros países europeos, aínda que cunha tendencia á alza dos prezos

O mercado inmobiliario español está en crecemento, pero non pode falarse dunha burbulla. Polo menos, de momento. Esta é a opinión máis popular entre analistas e académicos. As vivendas seguirán encarecéndose este 2022 ao fío do crecemento económico e dos prezos. Pero cando o BCE fala da existencia dunha burbulla inmobiliaria parece referirse a mercados inmobiliarios doutros países máis que da realidade española.

A propia definición de burbulla inmobiliaria resulta problemática. Habitualmente, esta vincúlase coa accesibilidade á vivenda e emprégase a ratio do esforzo, definida como a porcentaxe dos ingresos que un fogar emprega no pago da vivenda. Considérase que por encima do 35% dos ingresos trátase dun mercado tensionado (España chegou a estar nun 46% en 2006). Pero de momento esa porcentaxe estase a respetar, pois actualmente a cifra ronda entre o 30% e o 32%.

A vivenda encareceuse en España en 2021, o Instituto Nacional de Estatística non publicará o dato oficial ata o próximo mes de marzo. Pero a taxa anual de crecemento, ata o terceiro trimestre situábase no 4,2%, cunha tendencia claramente ascendente. O servizo de estudos de CaixaBank, que cuantifica o avance medio no ano que acaba de irse nun 1,9% (moi por baixo doutras fontes), cre por exemplo que o ritmo vai dobrarse e alcanzará un 4% en 2022.

Dende o pasado verán, tanto as compraventas como a concesión de hipotecas acadaron cifras mensuais que non se daban en fai máis de unha década. A duda agora é se se trata dun efecto temporal (polas transaccións que se detiveron ao comezo da pandemia) ou se polo contrario trátase dun fenómeno máis a longo prazo.

Fonte | El País