O Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (Mitma) arranca o seu plan para aumentar o parque público residencial en máis de 20.000 vivendas | Observatorio de Vivenda

O Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (Mitma) arranca o seu plan para aumentar o parque público residencial en máis de 20.000 vivendas

O Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (Mitma) arranca o seu plan para aumentar o parque público residencial en máis de 20.000 vivendas

O Plan 20.000 do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (Mitma), que aspira a configurar por primeira vez un verdadeiro parque público de vivenda en alugueiro a prezos sociais ou asequibles en España, comenza a rodar. O ministro de Axenda Urbana presentou o proxecto que pretende situar ao país en cotas máis cercanas aos socios europeos pioneiros na xestión pública do arrendamento. En España, só un 2,5% do parque residencial está en manos da Administración, unha porcentaxe moi alonxada do 17% francés ou do 24% austriaco, segundo os datos da oficina estatística Eurostat. 

A iniciativa parte da colaboración público-privada, e céntrase en aquelas zonas do país cun mercado residencial especialmente tensionado en materia de alugueiro, como Madrid, Barcelona e Valencia e as súas respectivas áreas metropolitanas, así como Sevilla, Málaga, os dous arquipélagos e as dúas cidades autónomas. O plan está dirixido a arrendatarios cun límite de ingresos, reducindo así o esforzo na relación alugueiro e renda.

O obxectivo do Goberno é ceder ás promotoras e constructoras interesadas parte do solo público a coste cero durante un prazo que rondará os 75 anos, tempo durante o cal as empresas, ademáis de construir os inmobles, deberán tramitar e xestionar os alugueiros asequibles ou sociais e pasados estos 75 anos, as vivendas, co seu correspondente solo, volverían a engrosar o parque público.

Fonte | Cinco Días